Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emotiva homenaxe aos fundadores na entrega de trofeos do Aberto de Tenis e Pádel de Redondela

WhatsApp Image 2025-08-31 at 21.28.09

O pasado fin de semana, as pistas municipais de Redondela acolleron a final da sétima edición do Aberto de Tenis e Pádel, Memorial Sesé López, organizado polo Club Tenis e Pádel Redondela co apoio do Concello. O torneo reuniu a 220 deportistas, consolidándose como unha cita clave no calendario deportivo da vila, a pesar do mal tempo que non detivo os partidos de tenis na pista descuberta, onde os xogadores competiron con entusiasmo.

A competición, que incluíu categorías de tenis e pádel, destacou pola boa organización e o nivel dos participantes. A entrega de trofeos, presidida polos concelleiros Antonio Cabaleiro e Rita Pérez Táboas, celebrou o esforzo dos deportistas nun ambiente animado.

No pádel, Fernando Santos e Martín Danis venceron na 1ª Masculina, superando a Miguel Regueiro e Ricardo Visite. Na 1ª Feminina, Marta Reguera e Paula Reguera gañaron, con Inés Domínguez e Raquel Freire en segundo posto. Javier Muras e Alexander Senra levaron a 2ª Masculina, seguidos por Roberto Rebollo e Óscar Blanco. Na 2ª Feminina, Margarita Ríos e Lupe Fabre impuxéronse a Nerea Bouzón e Carla Piñeiro. Na 3ª Masculina, Fernando Castro e Javier López foron primeiros, e na Feminina, Alba Romero e Paula Amoedo gañaron, seguidas por Rocío Abelleira e Silvia Aguión. No 1º Mixto, Raquel Freire e Marcos Vidal Carou venceron, con Inés Domínguez e Adrián Fontenla en segundo lugar. Na 2ª Mixto, Sonia Vidal e Jacobo Morterero foron primeiros, seguidos por Nerea Bouzón e Lino Casal.

As Ligas Sociais tamén tiveron o seu recoñecemento. Na Liga Social Mixta de Tenis, Roberto Montes foi primeiro, seguido por Emilio Argibay e Pablo Couñago. Na Liga Social Masculina/Mixta de Pádel, Lucas Reguera e Mateo Reguera gañaron, con Ramón Miguélez e Alejandro Castro en segundo lugar e Óscar Blanco e Roberto Rebollo en terceiro. Na Liga Social Feminina de Pádel, Soraya Abelenda e Inés Domínguez levaron o primeiro posto, seguidas por Silvana Gómez e Guadalupe Fabre, e Maria del Cueto e Noelia Rodríguez.

Homenaxe aos fundadores

O acto máis emotivo foi a homenaxe aos fundadores do club. Nacho, portavoz do club, destacou que “se recoñeceu o traballo das persoas que crearon o club nos anos 90”. Entregáronse agasallos a Rosa, viúva de Eugenio Ferreira Pérez; a Piruca e as súas fillas Chabela e Lucía, en memoria de José Ángel López Pérez “Sesé López”; a Raquel Freire, filla de Arsenio Freire Sobral; e a Francisco Reboredo Surís, Alberto Pazos Docampo e Generoso Muiños Reboredo. “Sesé foi un gran capitán e unha persoa moi querida. Esta homenaxe mantén viva a súa memoria”, dixo Nacho.

Un torneo para unir á vila

Nacho explicou que o torneo busca “xuntar á xente da vila, que os deportistas e voluntarios desfruten do deporte e fagan amizades na pista”. Sobre as Ligas Sociais, sinalou que “se xogan durante toda a tempada, e moitos participantes compiten todo o ano”. Tamén animou á xente a probar o tenis e o pádel: “Que se acheguen ás instalacións, hai moitos que empezan e o pasan xenial”. Agradecendo o apoio, engadiu: “Grazas aos voluntarios, aos participantes, ao Concello e ao comercio local polo seu respaldo económico. Hai moito traballo detrás que merece recoñecemento”.

O Memorial Sesé López pechou a súa sétima edición con éxito, reafirmando o compromiso de Redondela co deporte e deixando o camiño preparado para futuras edicións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará