Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ás mobilíizacións galegas en solidariedade con Palestina na Praza do Concello

concentracion-palestina-qrj8pb9ajzvseazatpo8v0pgwyfc9shdaqs09vb05k

Concentración semanal ás portas do Concello en apoio ao pobo palestino

A Praza do Concello de Redondela acollerá hoxe, luns 1 de setembro, ás 20:30h,  unha concentración convocada polo Movemento Global a Gaza – Galiza baixo o lema “Contra o xenocidio e en apoio á Flotilla Sumud Global”. Esta acción, que se enmarca nunha xornada de mobilizacións por toda Galiza, busca mostrar a solidariedade co pobo palestino e apoiar a Flotilla Sumud Global, que partiu o 31 de agosto para romper o bloqueo imposto por Israel a Gaza.

A concentración en Redondela súmase ás xa realizadas en cidades como Compostela,Vigo, Ferrol, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Fisterra, Illa de Arousa, Sanxenxo, A Guarda e Ribadeo. O movemento denuncia o que describe como “un xenocidio en directo”, con miles de vidas afectadas, familias destruídas, hospitais e escolas bombardeadas, e persoal sanitario e xornalistas asasinados. Ademais, critican a complicidade de gobernos europeos e institucións internacionais que manteñen relacións comerciais e militares con Israel.

A Flotilla Sumud Global, composta por unha vintena de barcos con tripulacións de 44 países, reúne activistas de renome como Greta Thunberg, a exalcaldesa Ada Colau e conta co apoio de figuras como Susan Sarandon. Desde Galicia, destaca a participación da avogada e activista Sandra Garrido Fernández, representante da delegación galega do Movemento Global a Gaza – Galiza (GMTG). Sandra, vinculada ao activismo social en Galicia, embarcou este domingo ás 15:00 horas desde o Porto de Barcelona rumbo á Franxa de Gaza, onde a flotilla se reunirá o 4 de setembro con outras embarcacións procedentes de Italia e Túnez. Esta misión, considerada a maior de carácter civil en anos, busca visibilizar a crise humanitaria en Gaza e desafiar o asedio israelí. Acompañadas por mostras de cultura popular e berros de “Palestina libre”, as embarcacións foron despedidas en Barcelona por 5.000 persoas.

Desde Redondela, faise un chamamento á cidadanía e a colectivos sociais, sindicais, culturais, feministas, estudantís, ecoloxistas e veciñais para unirse á protesta e estar atentas ante posibles sabotaxes á flotilla. “Palestina resiste con dignidade, e a súa loita é tamén a nosa”, subliñan desde a organización. Os activistas, incluíndo a Sandra Garrido, advirten que, ante unha posible interceptación por parte de Israel, regresarán “sendo máis”, considerando calquera acto de violencia como “outro crime de guerra”. O PSC defendeu un embargo de armas a Israel, mentres figuras como Yolanda Díaz e Ernest Urtasun apoian a iniciativa, esixindo sancións e a ruptura de relacións con Israel para visibilizar a crise humanitaria en Gaza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará