O VII Torneo Aberto de Tenis e Pádel, Memorial Sese López, organizado polo Club de Tenis e Pádel de Redondela en colaboración co Concello de Redondela e a Concellería de Deportes, está a ser un rotundo éxito nas Pistas Municipais da localidade. O evento, que arrancou o pasado 20 de agosto e se prolongará ata o sábado 30, destaca pola alta participación, superando en varias categorías o número mínimo de inscricións e xerando tal interese que algúns aspirantes quedaron fóra por limitacións horarias.













O torneo desenvólvese de 17:00 a 23:00, con quendas de media hora (17:00-18:30, 18:30-20:00, 20:00-21:30 e 21:30-23:00), e realizou unha pausa o pasado fin de semana debido á celebración do Entroido de Verán. No tenis, participan arredor de 48 xogadores nas categorías de dobres feminino (6 parellas), dobres mixto (10 parellas), dobres masculino (12 parellas) e absoluto masculino (16 xogadores). Con todo, a categoría de individual feminino limitouse a tres participantes. No pádel, compiten nas categorías masculina (1ª, 2ª, 3ª e 4ª) e mixta (1ª e 2ª).










Os organizadores celebran o éxito de participación, a pesar dalgunhas limitacións, e confían en que o torneo siga sendo un referente deportivo na comarca ata a súa clausura o día 30.










