Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela alerta sobre unha web turística fraudulenta que dana a imaxe do municipio

Captura de pantalla (38)

O Concello de Redondela presentou unha denuncia ante diversos organismos oficiais pola existencia dunha páxina web enganosa, www.turismoredondela.es, que ofrece información falsa sobre o municipio. A web, detectada en xullo polo departamento de Novas Tecnoloxías, foi analizada en profundidade, revelando que máis do 80% do seu contido é incorrecto ou inventado.

Entre os erros, a páxina menciona lugares inexistentes en Redondela, como o templo de San Benito, o Sendeiro das Greas ou a praia de Loureiro, e inclúe imaxes que non corresponden aos lugares descritos. Ademais, fai referencia a establecementos hostaleiros que non existen no municipio, o que, segundo a alcaldesa Digna Rivas, “xera confusión e prexudica tanto á veciñanza como aos turistas e peregrinos que visitan a nosa vila, danando a imaxe de Redondela”.

A web fraudulenta emprega un deseño e un logotipo practicamente idénticos aos da páxina oficial de Turismo do Concello, o que aumenta o risco de confusión. A pesar de aparecer como segunda opción nos resultados de Google, tras a web oficial, o Concello non logrou contactar cos responsables da páxina a través do correo electrónico indicado, que non respondeu ás súas solicitudes de retirada.

O Concello xa notificou a situación a organismos como o Centro Criptográfico Nacional (CCN), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Servizo de Ciberseguridade de Amtega (Xunta de Galicia), ademais de informar a Google para que tome medidas. Segundo o informe do departamento de Novas Tecnoloxías, a web podería estar creada con ferramentas de intelixencia artificial ou deseñada para xerar ingresos por publicidade, sen importar a veracidade do contido.

Digna Rivas subliñou que “esta situación é inaceptable, xa que engana aos visitantes e prexudica a reputación turística de Redondela”. O Concello continuará traballando para que a páxina sexa retirada e para protexer a imaxe do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará