O Concello de Redondela anunciou a creación dun gran mural no chan da rúa peonil Pai Sarmiento, unha iniciativa liderada pola artista local Paula Amoedo. Este proxecto, que rende homenaxe á tradición das alfombras florais, busca implicar á mocidade maior de 12 anos nunha actividade artística colectiva. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Multiúsos da Xunqueira e presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello, entre o 25 e o 29 de agosto. A elaboración do mural terá lugar do 1 ao 5 de setembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas. O luns 1 de setembro realizaranse os preparativos no Multiúsos da Xunqueira, mentres que de martes a venres a actividade trasladarase á rúa Pai Sarmiento. A participación é totalmente gratuíta.









