Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatan unha camada de gatos dun colector do lixo en Saxamonde

gatos contedor

Os animais apareceron no Camiño romano na parroquia de Saxamonde e estaban dentro dunha bolsa de plástico que fora depositada no interior do contedor. O aviso dunha veciña evitou que morreran esmagados dentro do camión do lixo. Agora atópanse en custodia do Concello e nos vindeiros días entrarán no programa de adopción felina .A policía investiga este delito grave de maltrato animal e confirman que na bolsa “atopouse un comprobante de compra con datos que permitirá identificar a os responsables deste delito”.

Unha veciña da zona alertou do achádego contra ás 21:00 horas da tarde deste mércores cando se atopou aos animais no interior do contedor onde ía depositar o lixo. Hai menos de dous meses, o pasado 26 de xuño, producírase un feito semellante na mesma parroquia, naquela ocasión foran cinco crías de gato as que apareceran no interior dunha caixa de cartón precintada que algún desaprensivo metera no colector.

Tanto naquela ocasión como onte a súa localización evitou que morreran triturados e esmagados dentro do camión do lixo.

Os gatiños atópanse agora baixo o coidado do Concello e nos vindeiros días entraran no programa de adopción felina. O obxectivo será atoparlles un fogar responsable que adopte a estes animais e lles dea unha segunda oportunidade. As persoas que estean interesadas poden chamar ao teléfono 986 400 300.

A policía investiga este delito grave de maltrato animal e confirman que na bolsa “atopouse un comprobante de compra con datos que permitirá identificar a os responsables deste delito”. A concellería de Sostibilidade fai un chamamento á persoa responsable a que acuda voluntariamente á Policía Local.

O edil Roberto Villar amosa a súa preocupación polo aumento de casos de abandono de gatiños lactante “un síntoma da falta de responsabilidade da cidadanía que incumpre a normativa que obriga a esterilizar aos animais de compañía”.








Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará