Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós cuestiona a celebración do Entroido de Verán por terse convertido nun “gran botellómetro”

entroido verán

A Asociación cultural fai un chamamento ao Concello para que reconsidere a continuidade deste evento nas condicións actuais “subvencionado con fondos públicos” e reclaman que se reoriente a actividades para “poñer por diante o benestar veciñal, a seguridade, a salubridade e a protección do noso medio ambiente e patrimonio natural”.

O Entroido de verán que xurdiu hai 26 anos como iniciativa dun grupo de hostaleiros da vila foi medrando co paso do tempo ata converterse na festa máis multitudinaria das que se celebran na contorna. Mentres os participantes defenden esta cita hai tamén voces que alertan das súas consecuencias negativas. Dende o colectivo Alén nos manifestan publicamente a súa oposición a esta celebración que consideran “baixo o modelo actual, lonxe de contribuír ao enriquecemento cultural ou ao prestixio do noso municipio, está a provocar consecuencias moi negativas que non poden seguir sendo ignoradas”.

Salientan dende a asociación o nivel de ruído insoportable que padecen os que residen no centro da vila e na súa contorna “non é admisible que durante toda unha noite se suspenda o dereito ao descanso de milleiros de veciños para dar prioridade a un macrobotellón de consumo masivo e ruído excesivo incontrolado”.

Denuncian tamén comportamentos incívicos que degradan a imaxe de Redondela con lixo acumulado e deterioración do mobiliario e presenza de ouriñadas indiscriminadas en espazos públicos, portais e zonas verdes, xerando malos cheiros e risco de contaminación así como incidentes graves de seguridade “na edición do ano pasado produciuse un apuñalamento que deixou unha persoa ferida de gravidade, así como varias agresións sexuais que requiriron hospitalización”

O Entroido de verán, insisten “converteuse nun macrobotellón encuberto, no que se promove un consumo excesivo de alcohol e outras substancias, con evidentes riscos para a saúde e para a seguridade pública”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará