Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Kiosco Cocó reparte un millón de euros

cocó

O sorteo do Euromillón celebrado este martes 19 de agosto ten deixado un novo millonario grazas á Administración de Loterías Cocó situada na rúa Ribeira 7 no centro da vila no sorteo complementario de El Millón celebrado onte.

O afortunado ou afortunada obtivo, xunto a su aposta habitual de Euromillón, un código alfanumérico para participar automaticamente neste sorteo complementario, organizado por Loterías e Apostas do Estado. O código gañador nesta ocasión foi o SJV92773 e os números premiados o 24, 31, 34, 41 e 43.

Este premio converte en millonario ao posuidor do boleto e, unha vez máis, a administración que o reparte é o kiosko Cocó quen xa ten repartido grandes premios en numerosas ocasións.

Por outra banda, este martes 19 tamén estaba en xogo o bote máis grande da historia do Euromillón con 250 millóns de euros e a sorte quixo que houbera un acertante de pirmeira categoría, un gañador que tería selado o seu boleto en Fancia e que se levou esa descomunal cantidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará