Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cómico Ignatius Farray abre a oitava edición do ciclo “Humor na súa tinta”

humor na súa tinta ignatius

O programa arrancará o vindeiro 27 de setembro e inclúe un total de cinco espectáculos cargados de humor, improvisación e moita risa que buscan animar ao público de Redondela. Para a primeira das actuacións, que correrá a cargo de Ignatius Farray, quedan tan só medio cento de entradas. Pódense adquirir a través da páxina woutick.es a un prezo de 16.50 euros.

Ignatius Farray é un cómico de Tenerife que comezou no STAND-UP hai 20 anos e desde esa data segue de xira por todo o país. A súa popularidade chegoulle da man de programa radiofónicos como La vida moderna xunto con David Broncano e Héctor de Miguel e outras colaboracións televisivas. Un cómico controvertido que estará en Redondela o vindeiro 27 de setembro cunha actuación ás 20:00 no Mulitúsos da Xunqueira e un show pensado para maiores de 16 anos.

Últimas 50 entradas solo en woutick.

Ignatius será o encargado de abrir un ciclo que contará con outras catro actuacións. Así o 2 de Novembro está prevista a actuación de Iván Esturillo, influencer sanitario e no mes de decembro chegará ao Multiúsos a parodia musical de El Rey León baixo o título “El Rey Lirón” o día 21.

Xa no 2026 chegará a Redondela Salva Reina, actor que se fixo co premio Goya deste ano e que actuará no Mutiúsos o 24 de xaneiro. O ciclo Humor na súa tinta pechará o 28 de febreiro coa cómica Coria Castillo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará