Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán non se vai de vacacións

chapela balonmán

As competicións de base arrancan esta fin de semana o que obrigou a adiantar os adestramentos malia a calor das últimas semanas. Os pavillóns están cheos cos rapaces e rapazas que militan nas categorías base da SAR balonmán, das Choqueiras e tamén o Club de Balonmán de Chapela. A súa presidenta, María González Soto, explica que o elevado número de xogadores e xogadoras da base esixe que se xoguen fases de clasificación para determinar que equipos disputan a Liga Ouro e cales quedan na Liga Prata.

Un agosto de deporte que non parece desanimar aos amantes do balonmán. Asegura González Soto que o pavillón está cheo e que non faltan aos adestramentos malia ter que renunciar ás tardes de praia e de descanso. Recoñece que este sistema alarga en exceso a competición pero é o único xeito de que cada equipo xogue contra os seus iguais e non se desanimen.

Un deporte que está vivindo unha época dourada con cada vez máis afeccionados, sobre todo entre os máis cativos que co inicio do curso se animan a practicar este deporte. Calcula María que en Chapela serán uns 80 nenos e nenas de benxamín e infantil.

Nas categorías superiores, tanto en masculino como en categoría feminina, o club está pechando uns equipos nos que non haberá grandes novidades xa que  “o noso obxectivo é tirar sempre da canteira”.

O equipo sénior masculino do Balonmán Chapela logrou o obxectivo de manterse na Primeira Autonómica e o obxectivo deste ano é consolidarse na categoría “cun equipo moi novo que ten moito marxe de crecemento”.

Pola súa banda, na categoría feminina tentarán situarse nos postos altos da Segunda Rexional co claro obxectivo de lograr o ascenso logo da pasada tempada na que non puideron evitar o descenso debido en gran medida á falta de experiencia das xogadoras e ás lesións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará