Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela a un paso de converterse no primeiro equipo que se coroa na Liga A e na Feminina no mesmo ano

remo chapela

Os e as remeiras de Arealonga son lideres a día de hoxe nas dúas categorías logo de sumar novas vitorias na xornada de onte. Na liga A o Chapela Wofco facíase coa vitoria na bandeira Marina Cabo da Cruz en Boiro situándose con 11 puntos de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, o Tirán-Pereira. Na liga Feminina as remeiras de Chapela impuxéronse con rotundidade na II bandeira Feminina Club de Empresas CRCC Concello de Boiro e avantaxan en seis puntos ás remeiras de Tirán, segundas na clasificación xeral.

O club de remo de Chapela continúa celebrando éxitos e a piques está de conquistar a Liga A e a Liga Feminina. Este domingo volvía dar un paso neste camiño. Na liga A os de Arealonga lograban a vitoria entrando en meta con nove segundos de vantaxe sobre a embarcación de Castropol e catorce sobre Tirán Pereira, club que se mantén na segunda praza da clasificación xeral con once puntos menos que os de Chapela. Os de Arealonga de feito poderían xa converterse en campións o vindeiro sábado no caso de quedar por diante dos de Tirán o que lles permitiría conquistar o primeiro título na Liga A da súa historia e a falta dunha última regata no calendario.

Tamén as remeiras do Chapela-Wofco están a amosar o seu bo estado de forma. Esta fin de semana facíano en Boiro logrando a vitoria e sacando unha contundente vantaxe de 37 segundos ás remeiras da embarcación de Tirán Pereira, quen entrou en segundo lugar mentres que Amegrove logrou a terceira praza. Situación idéntica na clasificación xeral que lidera Chapela –Wofco con 87 puntos, seguida de Tirán pereira con 81 e Amegrove con 65 e na que a embarcación de Cesantes ocupa a oitava posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará