Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As comunidades de augas xa poden solicitar as subvencións municipais ata un máximo de 3.000 euros

comunidade augas

Redondela convoca as subvencións destinadas a sufragar obras ou melloras nas comunidades de augas. O prazo para solicitar esta subvención, cuxas bases se poden consultar na páxina web do concello, está aberto ata o vindeiro 12 de setembro. O Concello destina unha partida de 30.000 euros e cada comunidade de augas pode obter un máximo de ata 3.000 euros.

O obxectivo destas subvencións, explica o edil de Infraestruturas e sostibilidade, Roberto Villar é “mellorar as instalacións e ofrecer oportunidades para obras ou actuacións que precisen as Comunidades de traídas de auga”. Entre os traballos a financiar atópanse melloras “nos sistemas de captación de auga, os sistemas de almacenamento e potabilización ou nas redes de distribución”. As bases e a convocatoria desta subvención pode consultarse na web do Concello de Redondela. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 12 de setembro de 2025.

Villar fai un chamamento á cidadanía para que faga un consumo responsable da auga “un ben esencial e escaso” nunha situación meteorolóxica de seca que afecta á comarca. A recomendación é evitar a rega de xardíns ou leiras privadas, o enchido de piscinas particulares, lavado de vehículos e calquera outro uso que non sexa doméstico ou sanitario. Os servizos municipais tamén están a axustar o consumo de auga potable. O encoro de Eiras, que abastece a Redondela e outros municipios da área, iniciou o mes de agosto ao 85% da súa capacidade, son 12 puntos menos que nas mesmas datas do ano pasado, logo duns meses de xuño e xullo con moi poucas precipitacións.

Desde o Concello lembran tamén que existe un protocolo de actuación para as Comunidades de Auga en caso de emerxencias pola seca. Se algunha traída de auga solicita a activación deste protocolo o Concello conta cun plan para garantir o abastecemento de auga nos barrios que o precisen en colaboración con Aqualia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará