Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hey Hematoma achega a música de Siniestro Total á praza da Casa da Torre

hey hematoma

Fin de semana con actuacións musicais en Redondela enmarcadas dentro da programación cultural do Concello. A primeira dos citas será este venres ás 22:00 horas con Pa ti na má na Alameda Rosalía de Castro en Chapela. o sábado a cita será cos éxito de Siniestro Total interpretados por Hey hematoma ás dez da noite na praza da Casa da Torre. No mesmo escenario actuará o domingo o grupo Abeleiras.

Este venres o dúo vigués Pa Ti Na Ma realizará un concierto en Chapela, onde poderemos gozar co grupo formado por Tito Castro e Fran Vázquez que achegan unha proposta musical que engloba dende a rumba e o flamenco máis pop. A actuación será ás 22:00 horas na Alameda Rosalía de Castro.

Unha das propostas máis esperadas do verán chegará con Hey Hematoma, que fará bailar aos público coas cancións de Siniestro Total na praza da Casa da Torre. A banda, con tres ex-integrantes do desaparecido grupo vigués e cos seus  grandes éxitos fará as delicicias dos seguidores da desaparecida banda. Con personalidade propia, fan un tributo a música de Siniestro Total cun repertorio punk rock onde soarán os grandes éxitos que converteron esta formación nun referente no panorama musical. Actúan en Redondela o sábado 16 ás 22:00 horas.

As propostas culturais da fin de semana rematará coa música tradicional de Abeleiras de Alxán quen actuarán o domingo 17 na praza da Casa da Torre ás 21:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará