Hoxe é Martes 23 de Setembro de 2025

O Concello propón adquirir o edificio coñecido como Villa Elisa para albergar a Biblioteca

villa elisa

O goberno local levará ao próximo pleno municipal a proposta de compra do emblématico edificio de estilo indiano situado na rúa Ernestina Otero, detrás do Concello. O obxectivo sería acondicionalo para albergar a biblioteca municipal, actualmente no Multiúsos da Xunqueira. A proposta precisa do apoio dos grupos da oposición para saír adiante.

O goberno local traballa na adquisición dun dos máis emblemáticos edificios do centro da vila: a coñecida como Villa Elisa. Unha proposta que será debatida no vindeiro pleno municipal e que, de saír adiante, permitiría trasladar as instalacións da Biblioteca Municipal, actualmente no primerio andar do Multiúsos a ese novo espazo.

O goberno local trasladou aos partidos da oposición –PP e BNG- unha solicitude de xuntanza co obxecto de abordar esta cuestión e lograr o seu apoio para que a operación se leve adiante o que permitiría dotar á biblioteca dunhas instalacións máis axeitadas xa que as actuais presentan carencias importantes “por falta de espazo e pola imposibilidade de adaptarse ás necesidades das persoas que acoden alí a estudar, investigar ou ler xa que carecen do silencio preciso para estas tarefas ao padecer o ruído que provocan outras actividades que tamén se desenvolven no Multiúsos”.

PSOE e AER confían en obter o apoio do resto de grupos políticos da corporación para facer realidade este importante proxecto, que apuntan “será beneficioso para a cultura, a educación, a cohesión social e o patrimonio de Redondela” coa adquisición dunha das casas de estilo indiano máis importantes da vila, construída en 1909 por Avelino Giráldez Pazó, quen retornou a Redondela logo de estar emigrado na localidade de Villa María en Arxentina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: