O goberno explica que a proliferación de pulgóns e fungos é froito das altas temperaturas e a ausencia de precipitacións o que está a incrementar a presenza de varias especies de insectos en diferentes árbores como os pradairos (plataneros). Insisten en que non se trata de especies que supoñan un risco para a saúde e que non é posible “facer tratamentos contra estas pragas, que se intensifican porque as árbores están débiles debido ás podas agresivas realizadas anos atrás”.
A calor e a humidade fan proliferar estes insectos ao tempo que diminúen os seus depredadores naturais. Así o explican os expertos quen descartan que este tipo de especies poidan levar aparellado algún risco para a saúde. O goberno local responde así ás críticas do PP quen afirmaban que a proliferacións de pulgóns e outros insectos debíase á falta de mantemento e de tratamentos axeitados nas árbores dos espazos públicos e alertaban de que estas especies afectaban á saúde dos veciños e á durabilidade e estabilidade das propias árbores.
Alameda de Redondela
O goberno local explica tamén que unha empresa especializada do sector, en colaboración co servizo municipal de xardinería e a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra son os encargados de garantir as mellores condicións de conservación da Alemeda de Castelao. De feito, todas as actuacións que se están a realizar están avaladas por informes técnicos e teñen como finalidade preservar este patrimonio natural con todas as garantías de seguridade.
A alcaldesa, Digna Rivas, asegura que a delicada situación dalgúns exemplares vén herdada de hai moitos anos “polas podas agresivas que se facían anteriormente”. Neste sentido un estudo biomecánico e fisiolóxico das árbores da alameda realizado o pasado outono obrigou a ancorar algunhas ramas, a descompactar o solo noutros casos, e a talar tres exemplares ante o risco de caída.









