Hoxe é Xoves 9 de Outubro de 2025

As traballadoras do SAF mobilízanse para reclamar un protocolo que garanta a súa seguridade

saf redondela

As traballadoras protagonizaron este mércores ás 11:30 horas unha concentración diante do Concello. Convocadas pola CIG a protesta, que se repetiu noutras localidades de toda a provincia, busca reivindicar a posta en marcha dun protocolo de prevención e protección que garanta a seguridade das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF) tras o crime de O Porriño, onde unha muller faleceu nunha das casa nas que traballaba a mans do marido da muller á que coidaba.

Baixo o lema “Non máis silencio. Non máis precariedade. Non máis violencia” as traballadoras concentráronse ás portas do concello para reclamar un protocolo de seguridade que lles serva de marco para actuar ante calquera situación de violencia coa que se atopen no seu día a día.

Un debate sobre as condicións laborais do colectivo en materia de seguridade que se retomou tras o tráxico crime de Teresa de Jesús, a traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Porriño que morría a mans do marido da usuaria á que coidaba.

A reivindicación principal é que a Xunta elabore un protocolo que permita ás empresas e as traballadores coñecer como actuar ante unha agresión. Reclaman que este protocolo estableza que ante unha denuncia se paralice o servizo cautelarmente e se proceda a facer unha avaliación sobre o domicilio concreto. Tamén que se adopten outras medidas que poderían chegar á supresión do servizo nos casos máis extremos e que se atendan sempre as denuncias das traballadoras. Lembra Erika López, traballadora e delegada da CIG no Servizo de atención en Redondela, que no caso do Porriño había unha denuncia previa que non se tivo en conta.

Explica López que “actualmente ante unha denuncia a Xunta o único que propón é que se cambie a traballadora, pero iso só é un parche xa que a situación de violencia vai continuar coa compañeira que a substitúa”.

No caso de Redondela hai constancia de agresións e comportamentos non axeitados en determinados domicilios. Con todo, lamenta que moitos deses casos non saian a luz “ante a falta de apoio por parte das institucións a estas traballadoras”.

Comportamentos as veces produto da propia patoloxía que padece a persoas usuaria e que van asociados a algunhas demencias pero, en todo caso, que deben ser traballados co apoio de psicólogos ou con maior intervención con ese usuarios concreto.

Esta tarde convocan unha manifestación en Vigo que partirá ás 17:30 horas dende a Farola de Urzaiz ata o edificio da Xunta na praza da Estrela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: