Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Verbenas e actos relixiosos nas festas de Reboreda

reboreda

A parroquia de Reboreda celebra tres días de festa que neste edición chega precedida pola inauguración o pasado martes do recen restaurado campanario da Igrexa de Santa María de Reboreda. Unhas campás que volveron repenicar e que tamén o farán esta fin de semana para anunciar unhas festas que terán lugar os días 14, 15 e 16 de agosto.

Escaparate e la Conexión son os grupos que amenizarán a verbena nocturna o xoves 14 nunha xornada na que haberá misa na honra a santa ana ás 19:30 horas.

A xornada festiva do venres arrancará ás 9:30 con misa que se repetirá ás doce do mediodía e que contará con procesión acompañada pola Banda de música Unión de Gulans quen ofrecerán un concerto ao remate. Pola noite a música correrá a cargo de Ritmo e Solymar.

As festas chegará ao seu remate o sábado 16 nunha xornada na que haberá tamén actos relixiosos as 9:30 e 12:00 e procesión acompañada pola banda de música de Chapela. A verbena contará nesa noite coa actuación de Tres.com e Almas latina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará