Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior creará un roteiro circular pola zona dos muíños do Daión

MOLINOS DE DAION, EN SOUTOMAIOR

‘A memoria sostible: a paisaxe litoral e fluvial de Soutomaior’ é un dos tres proxectos aprobados por parte da Consellería do Mar a través do GALP Ría de Vigo o que permitirá a este concello contar con preto de 30.000 euros para financiar unha actuación que busca valorizar o patrimonio natural e etnográfico, e a contorna mariña e de ribeira, empregando como fío condutor a zona de Daión (en Arcade) nun enclave onde se unen a terra, os ríos e o mar. O prazo de execución do proxecto é de 18 meses.

As principais actividades deste proxecto céntranse nun roteiro circular pola zona dos muiños, a divulgación e coñecemento dos hábitats e da flora costeira amenazada, a divulgación ambiental do litoral de Soutomaior e o río Verdugo como un refuxio natural para especies en perigo. Tamén inclúe actuacións de voluntariado ambiental para a mellora de hábitats, limpezas de lixo no entorno das áreas de intervención, eliminación de especies autóctonas invasoras, paneis interpretativos da zona e unha xornada ecofeminista para visibilizar ás mulleres nas tradicións galegas desde o rural ata o mar.

O prazo de execución é de 18 meses e o orzamento fixouse en 29.769,58€, estando financiado polo FEMPA e a Consellería do Mar.

Os outros dous proxectos aprobados son ‘Camiño do sal’ impulsado polo Concello de Vilaboa co obxectivo principal de revalorizar e recuperar a nivel medioambiental e cultural o espazo das Salinas de Ulló. En concreto, búscase obter a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) deste complexo salinero, para potenciar o turismo mariñeiro e da historia da producción do sal mariña, apoiar as novas industrias conserveiras da zona, e recuperar a área a nivel medioambiental e cultural para o cal contará cunha subvención que supera os 90.000 euros.

Finalmente, ‘Baiona Mare Ludis et Natura’, impulsado polo Concello de Baiona, concíbese como un proxecto integral de adquisición de equipamentos cos que dar un pulo á visibilidade dos deportes náuticos e ao mesmo tempo colaborar coa Confraría de Pescadores de Baiona en tarefas de carácter medioambiental ou de estudos mariños, así como a realización de roteiros de sensibilización medioambiental. Adquirirase unha embarcación multifuncional como apoio ós deportes náuticos e equipamento audiovisual. O orzamento desta proposta é de 31.411,60€ que serán cofinanciados na mesma porcentaxe e polos mesmos organismos públicos que nos dous casos anteriores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará