Hoxe é Venres 10 de Outubro de 2025

Digna Rivas defende a xestión dos campamentos de conciliación en Redondela ante as críticas do PP

526499223_1066989102275009_6007193110718514937_n

Foto da alcaldesa na súa visita a un dos campamentosno que aprticipou a Policía Nacional

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, saíu ao paso das críticas do grupo municipal do PP sobre o funcionamento dos Campamentos Municipais de Conciliación, asegurando que “cumpren escrupulosamente” coas ratios de monitores por neno e ofrecen un programa variado con actividades diferentes cada día. Rivas destacou que, por exemplo, no campamento do Conservatorio municipal hai 7 monitores para 49 nenos esta quincena, e en xullo, con 62 participantes, contaron con 8 monitores, superando a ratio legal dun por cada 15 nenos.

A rexedora desmentiu as supostas denuncias das familias, afirmando que “os comentarios son moi positivos” e que os nenos “pásano moi ben”. Ademais, criticou ao PP por “difamar un servizo tan sensible” e cuestionar o traballo dunha empresa concesionaria con máis de 20 anos de experiencia en concellos como Vigo, O Porriño ou Baiona, que cumpre “rigorosamente” co prego de condicións. Rivas lamentou que o PP, “no seu afán por atacar ao goberno local”, poña en dúbida a labor dos profesionais.

Os campamentos, que acollen uns 500 nenos no verán, ampliáronse ao mes de agosto e ás parroquias como Cedeira, Cesantes ou Chapela desde que Rivas asumiu a alcaldía, nunha aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza. A alcaldesa concluíu pedindo ao PP que deixe de lado “intereses partidistas” e recoñeza a calidade do servizo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: