Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP de Redondela denuncia “graves carencias” no servizo de conciliación de verán e esixe solucións urxentes

pp_redondela-678x381

O grupo municipal do PP de Redondela presentou un rogo no pleno da corporación para denunciar as “graves deficiencias” detectadas no servizo de conciliación de verán, organizado polo goberno local, e reclama medidas inmediatas para corrixir unha situación que cualifican de “inadmisible”. Os populares alertan de problemas como o incumprimento das ratios de monitores, a falta de programación e recursos, a limpeza deficiente das instalacións e a contratación de persoal sen a cualificación completa, nun contexto no que, por primeira vez, as familias pagan por este servizo.

Segundo o PP, o programa, que consideran “o peor dos últimos anos”, acumula numerosas queixas por parte das familias usuarias. Unha das irregularidades máis graves é o incumprimento da ratio legal dun monitor por cada 15 menores. Aínda que a empresa contratada conta formalmente con suficientes monitores, a falta de substitucións en caso de ausencias provoca que esta ratio se supere en moitos momentos, o que sobrecarga ao persoal e compromete a atención adecuada aos nenos.

Ademais, os populares critican a ausencia dunha programación estructurada de actividades, sinalando casos nos que se pide aos menores que leven xogos de casa ou se recorre a contidos xerados por intelixencia artificial por falta de recursos propios. Tamén denuncian condicións de “insalubridade” nos centros educativos utilizados, con baños e espazos sen limpar durante semanas, o que supón un risco para a saúde dos nenos. Outro aspecto preocupante é a contratación de monitores que, segundo o PP, iniciaron o servizo sen presentar a tempo certificados de ausencia de delitos sexuais ou sen contar coa formación completa, incumprindo a normativa e os pregos de contratación.

No rogo presentado, o PP esixe ao goberno local que garanta o cumprimento do contrato, asegurando ratios adecuadas, persoal cualificado, limpeza diaria das instalacións e un seguimento continuo do servizo. “É intolerable xogar coa seguridade e o benestar dos menores, así como coas necesidades das familias que confían neste servizo para conciliar”, concluíron os populares, instando á alcaldesa, Digna Rivas, a tomar medidas inmediatas para corrixir estas deficiencias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará