Hoxe é Luns 18 de Agosto de 2025

“Merca no teu Comercio” chega a Chapela para impulsar o comercio local

MERCA-NO-TEU-COMERCIO-RRSS-HORIZONAL-1080x1350

Chapela acollerá, ata o 20 de agosto, a campaña Merca no teu Comercio, unha iniciativa promovida pola Asociación de Empresas de Redondela, en colaboración coa Federación de Comercio de Pontevedra, a Federación Galega de Comercio e o financiamento da Xunta de Galicia. O obxectivo é dinamizar o comercio de proximidade, estimular as vendas nos barrios e apoiar os pequenos negocios locais.

Esta acción, que abarca 40 campañas en 90 localidades galegas (10 por provincia), busca fomentar as compras nos comercios de Chapela. Os clientes que realicen compras nos establecementos adheridos durante as datas da campaña poderán participar nun sorteo rexistrando os seus tickets na web mercanoteucomercio.com/chapela desde calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador). Ademais, os comerciantes tamén poden rexistrar as compras dos seus clientes na mesma plataforma, duplicando así as posibilidades de gañar.

En Chapela, 25 comercios participarán nesta iniciativa, que sorteará 1.000 euros en premios, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha, que deberán gastarse nos establecementos locais. O sorteo terá lugar o 21 de agosto, e o 3 de setembro celebrarase a entrega de premios na Alameda de Rosalía, acompañada de actividades de animación infantil.

Na provincia de Pontevedra, a campaña estenderase a 21 localidades ata novembro, repartindo un total de 10.000 euros en premios. Esta iniciativa é unha oportunidade para apoiar o comercio local e dinamizar a economía dos barrios. ‘Merca no teu Comercio’ invita a todos os veciños e visitantes a apostar polo pequeno comercio de Chapela, facendo que cada compra conte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: