Fotos da anterior edición do arquivo da LGT
O próximo domingo, 3 de agosto de 2025, o Peirao de Cesantes, en Redondela, acollerá unha xornada de dobre emoción coa celebración de dúas apaixonantes regatas organizadas polo Círculo Cultural Deportivo de Cesantes (CCD Cesantes-Rodavigo) e patrocinadas polo Concello de Redondel e colaboración da Xunta de Galicia.
A mañá comezará ás 11:30 coa III Bandeira Feminina Cesantes Concello de Redondela, correspondente á 8ª xornada da Liga F. As remeiras da Liga Galega Feminina competirán nun esixente percorrido en liña, con 4 rúas, 6 longos e 5 viradas, demostrando a súa forza e coordinación. Ás 12:30, terá lugar a VIII Bandeira Cesantes Concello de Redondela, encadrada na 7ª xornada da Liga A Masculina, onde os clubs participantes loitarán coa mesma intensidade no mesmo formato de 4 rúas, 6 longos e 5 viradas.
O evento contará con tres quendas: a primeira ás 12:30, a segunda ás 12:31 e a terceira ás 13:00, garantindo un espectáculo continuo. A organización invita a toda a veciñanza e afeccionados a achegarse ao Peirao de Cesantes para animar aos remeiros e remeiras e gozar dunha festa do remo galego chea de enerxía e convivencia.











