Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Los Marcianos despiden “Cápsula de Evasión” cun concerto no Brisa Chiringo

Los_Marcianos_por_Cesar_Gonzalez52

A banda viguesa de indie/shoegaze Los Marcianos anuncian un concerto especial e íntimo no Brisa Chiringo, en Cesantes, o xoves 31 de xullo ás 21:30 horas. Este evento será a despedida en directo do seu exitoso álbum Cápsula de Evasión (Clifford Records, 2023), recoñecido como “Mellor Disco de 2023” nos Premios Maketon de Los 40 Vigo.

Tras un ano triunfal que os levou a escenarios de festivais tan destacados como o ContemPOPranea, o cuarteto formado por Ibán González (voz e guitarra), Óscar Novoa (guitarra), Daniel Carrera (baixo) e Víctor González (batería) ofrecerá unha velada inesquecible nun enclave único. Os asistentes poderán gozar das atmósferas envolventes e as guitarras etéreas que consolidaron Los Marcianos como referentes do shoegaze nacional.

Coa banda inmersa na gravación do seu próximo álbum, este concerto será unha das poucas oportunidades para velos en directo este verán. As entradas xa están á venda en Entradium e Discos Elepe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará