Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de humanización do Camiño de Santiago en Arcade rematarán a finais de ano

Manu Lourenzo visitando as obras do camiño de Santiago 01

As obras de mellora do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo urbano de Arcade, en Soutomaior, avanzan a bo ritmo e estarán rematadas antes de que finalice 2025. Este proxecto, cun investimento de 750.000 euros —financiado a partes iguais por fondos municipais e unha subvención do Fondo de Cooperación Local—, está a transformar a mobilidade e a calidade de vida da veciñanza, ao tempo que mellora a experiencia dos milleiros de peregrinos que transitan por esta ruta histórica.

O alcalde, Manu Lourenzo, acompañado polo concelleiro de Obras, Pablo Garrido, o director de obra, Enrique Urcola, e o xefe de obra da empresa COVSA, visitou os traballos na rúa Coutada e na rúa Fonte do Conde. Lourenzo destacou a importancia estratéxica desta actuación: “Estamos creando espazos máis amables, sostibles e seguros, mellorando o saneamento e protexendo a nosa ría. Esta obra é o primeiro paso dunha transformación integral do núcleo urbano de Arcade, que continuará con proxectos como a Praza de Talo Río, Rosalía de Castro e Portal do Ribeiro”.

Entre os avances máis destacados, destínanse case 150.000 euros á renovación da rede de sumidoiros, unha medida clave para evitar verteduras á ría e mellorar a sustentabilidade ambiental. Ademais, as obras están deseñadas para minimizar as molestias tanto para o tráfico rodado como para os peóns, garantindo a normalidade no día a día da veciñanza e dos peregrinos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará