Foto de arquivo, ano 2020
A Comisión de Festas Virxe do Carme de Cesantes comunica que as festas en honra á Virxe do Carme, inicialmente suspendidas debido ás inclemencias meteorolóxicas, terán lugar os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto de 2025 na praia da Punta, baixo o lema “Grandes Cesantes, Grandes Festas”. Esta reprogramación foi posible, segundo explican dende a organización, “grazas á colaboración das orquestras Assia e Kubo, xunto con outras formacións musicais que reduciron significativamente os seus cachés para apoiar á comisión, así como polo respaldo do Concello de Redondela e de patrocinadores locais”.
Esta celebración ten unha relevancia especial nas localidades costeiras, onde a devoción á Virxe do Carme é profundamente sentida polos homes e mulleres do mar.
O programa festivo finalmente inclúe tres noites de grandes verbenas a partir das 23:00 horas:
- 31 de xullo: O Grupo Assia abrirá as festas cunha actuación chea de enerxía.
- 1 de agosto: As formacións Luces de Bohemia e o Disco Móvil Chocolate comezana verbena a partir das 22:00 horas.
- 2 de agosto: As orquestras Alkar e Kubo pecharán as celebracións con espectáculo e ritmo a partir das 22:00 horas.
A Comisión de Festas Virxe do Carme agradece o esforzo dos organizadores, o apoio dos patrocinadores e a participación de todos os veciños e visitantes que fan posible esta celebración.










