Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela non falla: exhibición en Bueu e líder da Liga A

f071ae5b919e49f273d811c0e8d442bdd39c7975

Fotos da Liga LGT

O porto de Bueu acolleu esta fin de semana unha vibrante xornada da Liga Galega de Traiñeiras – Trofeo Xunta de Galicia, baixo unha calor intensa e cun mar en calma. A competición reuniu a quinta e última xornada da Liga B e a sexta da Liga A, coa disputa de dúas bandeiras: a I Bandeira Praia de Pescadoira (Liga B) e a XXX Bandeira Concello de Bueu (Liga A). Pola súa banda, a sétima xornada da Liga Feminina celebrouse no porto de Curuxeiras coa IX Bandeira Feminina Cidade de Ferrol.

Na Liga B, A Cabana de Ferrol, xa campioa, selou unha boa tempada ao gañar a bandeira con autoridade, superando a Chapela Wofco B ( segundo posto na proba) e Puebla (terceiro). A Cabana destacou desde a segunda virada, finalizando con 18 segundos de vantaxe sobre Chapela e 30 sobre Puebla. Na xerla desta categoría Chapela rematou cun bronce.

Na Liga A, Chapela Wofco consolidou o seu liderado ao vencer a XXX Bandeira Concello de Bueu, superando a Tirán Pereira por 8 segundos nunha regata moi disputada. Samertolameu foi terceira e Castropol cuarta, empatando agora con Bueu Simei na xeral. Na quenda previa, Bueu Simei dominou ante a súa afección, seguido de Urme, Mugardos e Mecos, que protagonizaron unha loita intensa polos postos de honra. Narón, Cabo da Cruz e Cesantes Rodavigo pecharon a clasificación. Na clasificación xeral, as embarcacións de Redondela mostran un rendemento dispar: mentres Chapela se mantén na cabeza da táboa, Cesantes Rodavigo ocupa o último posto.

Na Liga Feminina, coa celebración da IX Bandeira Feminina Cidade de Ferrol – VII Memorial Miguel Derungs Criado, Tirán Pereira venceu na regata contra o reloxo, superando a Chapela Wofco por 13 segundos e recortando un punto na clasificación xeral, onde Chapela segue líder con cinco vitorias en sete xornadas. Cesantes- Bueu, oitava na bandeira, sempre ocupou o terceiro posto na quenda inicial.

A seguinte regata será en augas redondelás o 3 de agosto en Cesantes, coa VIII Bandeira Cesantes Concello de Redondela e a III Bandeira Feminina Cesantes Concello de Redondela, organizadas polo CCD Cesantes-Rodavigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará