Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reúne ás grandes orquestras galegas: Panorama, Combo Dominicano, América de Vigo e Gran Parada

semana grande

As orquestras Panorama, Combo Dominicano, América de Vigo e Gran Parada serán os pratos fortes desta segunda edición da Semana Grande de Soutomaior, que terá lugar entre os días 1 e 7 de agosto. O torreiro da Festa da Dez (Candán), a carón do campo municipal de fútbol Graciano Padín, encherase coa música de catros das mellores orquestras do actual panorama galego e estatal.

Ademais, o programa da Semana Grande inclúe unha ampla variedade de actividades para todos os públicos durante os días que dure a festa, desde concertos de pequeno formato e sesións vermú ata un espectáculo de cociña en directo e un xantar popular.

Unha programación que arrancará o venres día 1 co chupiñazo ás 21:00 horas animado coa Mekánika rolling band na Casa do Concello e pasarrúas ata a Igrexa do Divino Salvador, onde terá lugar o concerto “Demasiadas sombras y pocas luces”.

O sábado 2 o prato forte será a actuación da orquestra América de Vigo no torreiro da Festa de Candán e o domingo será o día grande cunha intensa xornada que inclúe un mercado dende as 11:00 da mañá ata as seis da tarde, unha showcooking ás 12:30 e un xantar popular coa veciñanza. Durante todo o día haberá diferentes actuacións musicais que culminarán ás 23:00 horas co espectáculo da Orquestra Panorama.

A programación continuará ata o xoves 7 e inclúe a actuación da orquestra Combo Dominicano o martes 5 e de Gran Parada o mércores día 6.

Par facilitar os desprazamentos haberá servizo de autobús lanzadeira que irá desde o Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’ ata o Torreiro da Festa da Dez (Candán) en horario de 21:30h a 23:30h horas e de 00.00 a 03.00 h. 

O rexedor, Manu Lourenzo, que estivo acompañadona presentación da Semana Grande polos concelleiros Diego Moreira e Rosana Comesaña, varios cociñeiros do concello e o párroco de Soutomaior, Gabriel Gómez, sinalou que esta segunda edición dunha festa que supón “a súa consolidación como un evento que chega para quedarse”. Compre lembrar que ata o remate do anterior mandato Soutomaior non contaba cunhas festas patronais, unha disonancia con respecto á gran maioría de concellos do País.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará