Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra as festas do Carme con procesión marítima e baixada de carrilanas

festa carme chapela

A parroquia de Chapela celebra catro días de festa na honra da Virxe do Carme cun programa de actividades organizado polo Círculo Cultural e deportivo da parroquia. Unha programación que inclúe o I descenso de carrilanas o sábado ás 18:00 horas e que manterá outras citas habituais como as verbenas e a procesión marítima.

A programación arranca este venres con actividades a partir das seis da tarde e actuación da Orquesta Metrópolis e D J Lanis as 22:30 horas.

O sábado a xornada inclúe ás seis da tarde o I descenso de CARRILANAS desde el cruzamento da Avenida de Vigo coa rúa San Telmo, baixando por rúa San Telmo para finalizar no recinto de festas.

A partir das 22:30 horas actuación do grupo Conexión e o trio Luces de Bohemia.

Os actos relixiosos terá lugar o domingo 27 con procesión ás 12:00 horas desde a rúa José Fernández López ata o recinto de festas, onde a continuación se celebrará Misa. Xa pola tarde a partir das seis terá lugar a procesión marítima.

Unha xornada amenizada polo grupo de pandeiretas “Cacharelas” do C C R de Chapela ás 20:00 horas, actuación do dúo Explosión ás 22:30 horas e remate cunha gran tirada de fogos de lucería na medianoite.

As festas concluirán o luns co traslado da Virxe do Carmen desde o recinto de festas á igrexa parroquial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará