A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas e a Sociedade Cultural de Reboreda organizan este xoves 24 de xullo un acto homenaxe co gallo do Día Nacional de Galicia e o Ano Castelao. Proxectarase o vídeo “Alba de Gloria” e entregaráselles aos asistentes este texto de Castelao, unha das obras máis simbólicas e emotivos do político galego pronunciada en Bos Aires o 25 de xullo de 1948 coincidindo coa celebración do Día de Galicia no que invoca as figuras máis ilustres da historia e cultura galegas para reivindicar a identidade nacional de Galicia.
Durante o acto, que se celebra este xoves ás 20:00 horas no salón da Sociedade Cultural, intervirá a directora do colexio de Reboreda, Mª Teresa Fernández e actuará a Rondalla de Redondela. Ao remate convidarase a un viño aos asistentes.









