Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non permitirá o depósito de colectores en Rande mentres a empresa non dispoña de licencia municipal

rande

A empresa Transformaciones Globales S.L. dispón dunha autorización da Autoridade Portuaria de Vigo, pero o almacenamento de colectores en Rande require tamén de licencias e permisos municipais.  Os servizos técnicos de Urbanismo detectaron deficiencias na solicitude da empresa, polo que lle realizaron un requirimento para a súa subsanación. A empresa non poderá comezar coa actividade ata que non corrixa as deficiencias e se axuste plenamente á normativa aplicable.

A empresa Transformaciones Globales S.L. presentou no Concello a pasada semana unha comunicación previa para o inicio da actividade de almacén de colectores na zona do Peirao de Pedra, en Rande. Malia que dispón dunha autorización da Autoridade Portuaria de Vigo, non conta coas licencias e permisos municipais correspondentes imprescindibles para a realización da actividades solicitada. Tras o exame da documentación presentada, os servizos técnicos municipais realizaron un requirimento á empresa para a súa subsanación. Conforme á lexislación vixente, o exercicio da actividade e a execución de obras non pode comezar ata que se corrixan as deficiencias detectadas e se axuste plenamente á normativa aplicable.

A alcaldesa, Digna Rivas, subliña que o Concello “velará en todo momento polo cumprimento da legalidade urbanística e das normas que regulan o exercicio da actividade”.

Digna Rivas, alcaldesa Redondela

O departamento de Urbanismo lembra que a empresa “ten a obriga de axustarse ás normas e contar coas autorizacións municipais pertinentes antes de iniciar calquera actividade, mesmo cando existan permisos doutros organismos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará