Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música tradicional e viño da casa na I Festa Furancheira do Viso

festa furancheira

A comisión de festas da Teixeira do Viso organiza esta cita aproveitando o festivo do 25 xullo. A actividade arrancará ás 19:00 horas no torreiro de festas onde se habilitarán mesas e cadeiras e se servirán petiscos caseiros e viño da casa.

A iniciativa xurde como unha idea para recadar fondos para as celebración da Festa da Teixeira e organiza ademais unha xornada de convivencia e música co obxectivo de que se converta nunha tradicións e se consolide de cara a vindeiros anos.

Victor Barreira Carreira, presidente da comisión

Serán os propios membros da comisión os que se encarguen de elaborar os pratos que se servirá na tarde do venres e que inclúen tortilla, empanada, zorza, pementos e orella… produtos típicos que podemos atopar nun furancho. Confían en que todo o preparado se esgote malia que, ao ser a primeira edición, descoñecen como será a resposta do público.

Un furancho ao aire libre ao que convidan a participar a quen o desexe levando os seus instrumentos e as súas gañas de pasalo ben nunha xornada que servirá tamén para xuntar á veciñanza.

Victor Barreira Carreira, presidente da comisión, recoñece o complicado que é recadar os cartos suficientes para financiar as festas patronais xa que as orquestras levan boa parte do financiamento que sae, basicamente, de ir a pedir polas casas. Non descarta que haxa que repensar este tipo de celebración “igual temos que adaptar a festa e cambiar o formato pensando en algo máis pequeno que serva igualmente para xuntar aos veciños e veciñas”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará