Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto The Lelli Kelly’s en Cesantes

the lelli k

A banda galega ofrecerá un concerto no local Brisa Chiringo enmarcado dentro da programación do Blues&Rías. A actuación arrancará ás 21.30 horas deste xoves 24 de xullo e o prezo da entrada é de 10 euros con consumición incluída. A banda ofrece un directo que destila rock’n’roll clásico, punk e rythm&blues.

A formación The lelli Kelly’s leva dende o ano 2019 en activo, data na que publicou o seu primeiro traballo de estudo, un disco de rock’n’roll con temas como “Vai arder”, “Glam Oliental” ou “Non che dan as pernas”. Unha música que se poderá escoitar este xoves en Cesantes, dentro dun programa que presentará nas vindeiras semanas actuacións como Mad Martin Trio o 7 de agosto, Tangomango o 21 de Agosto e La Yuka Funk que pechará o Blues and Rías o vindeiro 4 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará