Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga reabre ao baño logo de dous días pechada por un episodio de contaminación

arealonga horizontal

A bandeira verde volve lucir na praia de Arealonga en Chapela. A Concellería de Medio ambiente asegura que as últimas análises confirman o bo estado da auga e que, polo tanto, volve ser apta para o baño. O pasado mércores día 16 as autoridades sanitarias desaconselleron o baño pola presenza da bacteria Escherichia coli (E-coli). Polo de agora aínda non se coñece a orixe da contaminación.

Tras dous días de peche, hoxe venres a praia recuperou a normalidade. O Concello de Redondela solicitou á empresa Aqualia, concesionaria do servizo de saneamento, un informe sobre posibles incidencias na estación depuradora de Teis ou na rede de Chapela.

Entre as posibles causas, contémplase o funcionamento da depuradora de Teis, situada a cen metros do areal, aínda que resulta rechamante que a praia de Mende, situada mesmo máis preto desta instalación, non rexistrase ningún problema nas súas augas. Outra das opcións que se manexan é que a bacteria chegase por unha vertedura desde algún dos dous ríos que desembocan en Arealonga: o Fondón e o Pugariño.

Na concellería de Medio Ambiente están á espera dos resultados para determinar a causa deste episodio puntual de contaminación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará