A praia de Arealonga en Chapela, volveu izar a bandeira vermella, tras detectarse a presenza de Escherichia coli (E. coli) nas súas augas durante un control rutineiro. A medida implica a prohibición do baño até novo aviso e mentres non se produzan novas análises que confirme o bo estado da auga.
Os bañistas que dende o pasado mércores se achegan á praia de Arealonga poden atopar un cartel notificando sobre a prohibición do baño na caseta dos socorristas onde tamén onde a bandeira vermella que alerta da situación.
As autoridades aínda investigan a orixe da contaminación. Entre as posibles causas, contémplase o funcionamento da depuradora de Teis, situada a cen metros do areal, aínda que resulta rechamante que a praia de Mende, situada mesmo máis preto desta instalación, non rexistrase ningún problema nas súas augas. Outra das opcións que se manexan é que a bacteria chegase por unha vertedura desde algún dos dous ríos que desembocan en Arealonga: o Fondón e o Pugariño.
Polo momento, a praia máis transitada de Chapela permanecerá pechada ao baño ata que as novas analíticas confirmen que a auga volve estar en condicións seguras para todos os bañistas.
Unha situación que os veciños da parroquia cualifican de “intolerable” xa que non é a primeira vez que este areal, o máis concorrido de Chapela, se pecha ao baño por episodios de contaminación semellantes.









