Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta nocturna polo río Maceiras e observacións das estrelas en Ventosela

maceiras

Os participantes nestas actividades, que se desenvolverán o venres e sábado, contarán coas explicacións de Marcelo Rodríguez de Faia Educación ambiental. A visita ao Maceiras terá lugar este venres 18 a partir das 21:00 horas. A observación das estrelas está prevista para o sábado 19 ás 22:00 horas. Inscricións na Oficina de Turismo no 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal.

A primeira das actividades previstas para este fin de semana enmarcada dentro da programación de roteiros medioambientais que organiza o Concello convídanos a coñecer o río Maceiras cun paseo nocturno que partirá ás 21:00 horas do venres dende o Salgueiral. Un percorrido de tres kilómetros onde se falará das aves, dos sons, da vexetación de ribeira…

Non será a única actividade da fin de semana, porque tamén está prevista unha observacións das estrelas dende Ventosela. Unha proposta na que se falará ademais da xeografía da ría dende múltiples perspectivas: histórica,  xeográfica, natural…

Por outra banda, adiouse ata o 3 de agosto o roteiro polo Pexegueiro que estaba previsto para este sábado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará