En total son seis agrupacións as que se subirán ao escenario dende este venres ata o domingo nunhas festas que se desenvolven na praia da Punta e nas que non faltará a tradicional procesión marítima prevista para o sábado, con participación de embarcacións que partirán dende o porto de Cesantes e tamén dende o Berbés en Vigo, dende onde sairán os barcos de maior tamaño ás dez da mañá.
A procesión do día 19 estará acompañada pola música do grupo de Gaitas Son do Castro e fará o percorrido habitual con ofrenda floral e solta de pombas. Ao chegar a praia haberá unha homenaxe aos mariñeiros falecidos. Manuel Nieto é o presidente da Comisión de Festas
Ademais dos actos relixiosos a festa inclúe tres días de verbenas con presenza dalgunhas das grandes orquestras de moda. Así, o venres subiranse ao escenario os integrantes de Marbella e América Sl, o día 19 soará a música de Assia e Kubo e o domingo día 20 pechará a festa as orquestras Los Satélites e La Banda de ayer, un programa que Nieto define como “o mellor cartel de Galicia concentrado en tres días”.
Tampouco faltarán as actividades pensadas para os máis cativos con xogos populares a cargo de Teg animación o sábado 19 e festa infantil de escuma e música Dj a cargo de Akandal.
Unha celebración na honra da Virxe do Carme de especial relevancia nas localidades costeiras onde os homes e mulleres do mar lle renden unha devoción especial.










