O club de Chapela busca persoas comprometidas con gañas de aprender e medrar dentro do deporte e que, a poder ser, estean formadas como adestrador, malia que este non é un requisito imprescindible. Valoran en maior medida unha actitude positiva, responsabilidade e facilidade para traballar en equipo. As persoas interesadas deben ademais ter dispoñibilidade durante as tardes e fins de semana para acudir cos xogadores aos partidos. Aqueles que estean interesados en pasar a formar parte do club como adestradores poden poñerse en contacto co club e enviar o seu currículo a través do Whatsapp: 662.111.339 ou no correo electrónico iviarea@hotmail.com
Dende o Arealonga apuntan tamén a posibilidade de axuda financeira en función do grupo de idade e a dispoñibilidade así como a posibilidade de comezar unhas prácticas no caso de estaren a cursar estudos deportivos. Animan así a unirse a un club establecido cun ambiente familiar que ofrece ademais formación interna e oportunidades para o crecemento como adestrador.









