Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Salomé Hernández, Ariadna Gómez e Sofía Fuentes gañadoras do concurso de debuxo organizado por Aqualia

concurso auga

Estas tres alumnas do CEP Santa Mariña fixéronse co premio convocado pola empresa Aqualia en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente no que participaron un total de 75 nenos e nenas de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Redondela. A temática dos carteis tiña que centrarse no coidado da auga e do medio ambiente para acadar un desenvolvemento sostible e mellorar o planeta.

A gañadora do concurso, Salomé, de 4º, recibiu como agasallo unha tableta, e Ariadna e Sofía, ambas de 3º, gañaron cadanseu reloxo intelixente como finalistas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro Alberto Álvarez, responsable de Medio Ambiente, recibiron no Concello ás gañadoras xunto con Ramiro Gutiérrez, Xefe de servizo de Aqualia en Redondela.

Desde Aqualia, empresa concesionaria do abastecemento e saneamento da auga, ofreceron aos centros de ensino de Redondela un completo programa de actividades en paralelo ao concurso de debuxo. A través de cómics, vídeos, xogos e unidades didácticas a rapazada puido aprender sobre o cambio climático e a relevancia do ciclo integral da auga. Os protagonistas da campaña son uns superheroes chamados “Gardiáns Sostibles”, encargados de protexer o planeta e que inculcan aos nenos e nenas actitudes sostibles para o seu día a día.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará