Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de veciños de Chapela quere chegar aos máis cativos da parroquia

local chapela

O colectivo, ademais de realizar un traballo reivindicativo e de defensa dos intereses dos veciños e veciñas, busca dinamizar a parroquia con actividades variadas pensadas para todos os públicos. Co obxecto de atender tamén as demandas dos máis cativos veñen de crear a figura do “vogal de xuventude” que se encarga de organiza unha programación pensada para nenos, nenas e mocidades que se concreta en dúas propostas neste mesmo mes: un torneo de videoxogos e unha tarde de xogos de mesa. A programación de verán complétana cunha exposición de fotografías antigas que se inaugurará no mes de agosto.

A primeira das cita pensadas para os máis cativos será o torno de Videoxogos que se desenvolverá este venres 18 no local da Asociación de Veciños e onde os participantes participarán en xogos clásicos como o torneo de Pokemon e o de Mario Kart con premios para os gañadores en cada unha das categorías.

A seguinte cita será o mércores de 23 de xullo ás 17:15, cunha tarde de xogos de mesa na que os menores acompañados dun adulto achegaranse ao parchís, as damas e incluso a xogos con figuras a tamaño real

A rapazada que queira inscribirse debe facelo a través do teléfono 627 659 379.

O colectivo traballa tamén nunha exposición de imaxes antigas que permitirá aos veciños achegarse a parroquia, ao seu urbanismo e as súas xentes a través das fotografía cedida nalgúns casos pola propia veciñanza así como polo Arquivo do Concello de Redondela. A mostra inaugurarase o sábado 2 de agosto na sede da asociación, na antiga estación do ferrocarril.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará