Hoxe é Mércores 16 de Xullo de 2025

Redondela adquire un segundo punto móbil de recollida para favorecer a reciclaxe

punto limpo

O novo remolque permitirá duplicar a estancia do punto limpo, que estará dúas semanas en cada localización favorecendo así a recollida de material que non ten cabida nos colectores tradicionais. O goberno local amosa a súa satisfacción tras recoller durante os primeiros anos de funcionamento deste servizo 2 toneladas de pequenos electrodomésticos, 1.000 litros de restos de pintura e centos de quilos de téxtil, pilas, móbiles, material informático, xoguetes, CDs, DVDs e casetes, entre outros residuos.

O Concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar explica que esta segunda unidade permite dar resposta ás demandas da veciñanza “que nos solicita este servizo durante máis días e con máis frecuencias nas parroquias”. Con este segundo remolque imos duplicar a estancia do punto limpo móbil en cada emprazamento, polo que a partir de gora “estará dúas semanas en cada lugar”. Por outra banda Villar destaca “a boa acollida” deste novo servizo entre a veciñanza desde que comezou a funcionar hai un ano, así como a “correcta clasificación de residuos que se está a realizar maioritariamente por parte dos usuarios”.

Os residuos que se poden depositar neste espazo son pequenos electrodomésticos, móbiles e tabletas, material informático, cargadores, auriculares, pilas, baterías, CDs, cartuchos e tóner de impresoras, radiografías, lámpadas, fluorescentes, cápsulas de café, material de escritura, aerosois, pintura, plásticos que non sexan envases, xoguetes ou pezas de téxtil, entre outros.

Calendario puntos limpos móbiles

Nesta quincena, dende o 14 ao 27 de xullo, estarán en Saxamonde e Negros. En Reboreda e Ventosela estarán do 28 de xullo ao 10 de agosto. No Viso e Cesantes ubicaranse desde o 11 ata o 24 de agosto. En Catapeixe (praza de San Pedro) estará do 25 de agosto ao 7 de setembro, e nesa mesma quincena estará tamén en Redondela, ao lado da casa do Concello. Na última quincena do verán os dous puntos móbiles estarán en Chapela, do 8 ao 21 de setembro, un estará instalado no aparcadoiro da rúa Manuel Rodríguez Casal e o outro no pavillón municipal.

Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou electrodomésticos, xa existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: