Hoxe é Venres 18 de Xullo de 2025

Chapela triunfa no Grove

remo

As tripulacións feminina e masculina do Club de Remo Chapela-Wofco volveron brillar na Bandeira Virxe do Carme que o sábado organizou o Club Remo Mecos de O Grove, nas pistas de Pedras Negras en San Vicente do Mar.

Os de Arealonga volveron amosar o seu bo estado de forma e conquistaron as bandeiras nas dúas categorías. Na Liga A é a cuarta bandeira consecutiva nunha competición na que lograron superar a embarcación Samertoloméu a quen lle sacaron 11 segundos e a Tirán Pereira que se clasificou en terceiro lugar. A embarcación de Cesantes Rodavigo entrou na meta en décima posición.

Unha vitoria clara por parte do equipo de Chapela que avantaxan en cinco puntos a Samertolaméu na clasificación xeral.

As mozas do Arealonga tamén se amosaron imbatibles na IV bandeira feminina do Grove. Vinte segundos sobre Tirán-Pereira, segundo clasificado amosan a súa clara superioridade. Terceira foi a embarcación de Mecos seguida por Salgado-Perillo e Cabo de Cruz. Tamén na clasificación xeral as de Chapela manteñen o podio mentres que Cesantes Bueu sitúase na oitava posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: