Hoxe é Martes 22 de Xullo de 2025

Redondela rende homenaxe a Suso Vaamonde na Alameda de Chapela

Suso-Vaamonde

O icónico cantautor recibirá unha homenaxe en forma de concerto cando se cumpren 25 anos do seu falecemento. A súa música comprometida converteuno un símbolo da loita pola liberdade de expresión. Ás 21:00 horas de hoxe subiranse ao escenario Tino Baz, Catro nun zoco e os Carunchos nun concerto que terá lugar na parroquia de Chapela, onde Vaamonde residiu durante varios anos.

Suso Vaamonde e a súa canción fixeron un gran traballo a prol da cultura, da identidade e a lingua do noso país, deixando cancións icónicas recoñecibles por boa parte da poboación: o Cuco, Compañeiro Daniel ou Moraima.

Cancións que forman parte da nosa historia colectiva e que o converteron nunha das figuras principais do panorama musical galego na segunda metade do século XX.

Un home comprometido tamén social e politicamente, que o levou incluso a ter que exiliarse tras unha intervención pública na praza pontevedresa da Ferrería. Nun concerto enmarcado nun acto antinuclear no ano 1979, cando interpretaba o retrouso do seu “Uah!” engadiría unha estrofa que derivou nunha condena pola Audiencia de Pontevedra a seis anos e un día de prisión maior por “aldraxe á nación española feita con publicidade”. Un feito que tamén lembraba nos nosos micrófonos Juan Alberto Álvarez membro de Os Carunchos e unha das persoas que está detrás da organización do evento de hoxe.

Membro do grupo Voces Ceibes ou A Roda foi un dos principais cantautores do país quen falecía nos inicios do ano 2000 cando aínda non tiña nin 50 anos.

A súa música e a súa figura serán lembradas e homenaxeadas hoxe nun concerto que contará coa presenza dos grupos Catro nun zoco e os Carunchos e o cantautor Tino Baz, todos eles vinculados por diferentes motivos con Vaamonde.

Juan Álvarez agradece a boa disponibilidade do concello á hora de colaborar e facilitar a organización deste avento que se desenvolverá a partir das 21:00 horas de hoxe en Chapela, enmarcada dentro das actividades culturais do concello q continuaran este sábado coa actuación da praza da Casa da torre de Airiños do Mar de Teis ás 22:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: