Hoxe é Xoves 24 de Xullo de 2025

Cortes de tráfico nas rúas Salgueiral e Cardosas para proceder ao seu asfaltado

pbras salgueiral

Os traballos de asfaltado na zona obrigarán ao corte de tráfico na rúa Salgueiral, desde a rotonda ata o número 11, desde o luns 14 ás 07.00 horas ata o martes día 15 ás 17.00 horas. O corte de tráfico na rúa Cardosas será o mércores día 17 desde as 07.00 ata as 17.00 horas. Para minimizar as posibles afeccións deste corte de tráfico, recoméndase como alternativa para os non residentes o desvío dos vehículos pola praza de Ponteareas.

A concellería de Urbanismo informa que, por mor dos traballos de asfaltado, as rúas Salgueiral e Cardosas estarán pechadas ao tráfico de xeito temporal.

Esta actuación está enmarcada dentro dos traballo de urbanización que se están a realizar na zona co gallo de revitalizar este espazo público e convertelo nunha zona “máis accesible para todas as persoas, dando prioridade aos peóns e facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida”. Instáronse beirarrúas máis amplas de pedra, novo mobiliario urbano, zonas verdes e iluminación máis eficiente. A actuación contempla tamén un novo escenario na zona sur, nun espazo que actualmente se emprega para actuacións no Festival Internacional de Títeres. O proxecto, de case un millón de euros, foi acordado no anterior mandato co plan da Deputación PON2030.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: