O Concello de Redondela, a través das concellerías de medio ambiente, Sostibilidade e turismo organizan estas fin de semana dúas rutas que buscan dar a coñecer o patrimonio natural e etnográfico do noso territorio. Dúas actividades que o sábado achegarán aos participantes a Monte Penide mentres que o domingo o espazo elixido é Cesantes. Ambas as dúas contarán coas explicación de Marcelo Rodríguez de Faia educación Medioambiental. Inscrición de balde na oficina de Turismo no teléfono 986401713.
Un percorrido polos xacementos de Monte Penide, con inicio na Mámoa de Rei, permitirá coñecer todos eses restos arqueolóxicos que son todo un referente na contorna e que converten este espazo nun lugar único que ofrece unha combinación perfecta de historia, arqueoloxía e natureza. Haberá explicación en torno as mámoas e os petróglifos que fan desta área un atractivo turístico e cultural así como un percorrido polas diferentes culturas que deixaron a súa pegada neste lugar con parada tamén na vexetación que atopamos na zona. O percorrido comezará ás 10:00 horas do sábado 12 e está previsto que remate en torno ás 13:00 horas.
O domingo a saída será dende o Porto de Cesantes para coñecer os ecosistemas que atopamos na intermareal de Cesantes, dende a perspectiva económica e medioambiental para coñecer os recursos existentes. O percorrido será tmaén en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas.
Dúas actividades pensadas para todos os públicos, incluídos cativos, xa que se trata de percorridos de dificultade baixa e que non superan os 6,5 kilómetros. En total tres horas de paseo que nos permitirán coñecer o territorio máis próximo disfrutando da paisaxe e recibindo as explicacións necesaria para afondar no coñecemento destes espazos.
