Fotos de @momentodeporte
O atleta do Club de Atletismo de Redondela, Gael Couñago Romasanta, destacou o pasado domingo no Campionato de España Sub18 celebrado en Castelló, onde conseguiu un destacado sexto posto na proba de salto de altura. Couñago alcanzou unha marca de 1,92 metros, quedando a tan só seis centímetros do campión, que saltou 1,98 metros.
A pesar de que o resultado non cumpriu todas as expectativas, dende o club consideran que este logro é un reflexo do arduo traballo realizado por Gael e o seu adestrador, Javier Besada, ao longo da tempada. O xoven atleta mellorou a súa marca persoal en 8 centímetros durante o desenvolvemento de toda a tempada, un avance que o Club de Atletismo de Redondela celebrou con orgullo. “Estamos moi satisfeitos do esforzo e dos fantásticos resultados obtidos. Parabéns a Gael e a Javi polo seu compromiso!”, manifestaron dende a entidade.
O club animou a Gael a seguir adiante con forza e determinación, confiando en que a próxima tempada traerá aínda máis éxitos. “Moito ánimo, Gael! A por todas no futuro!”, concluíron.
Unha tempada de éxitos
Santiago de Compostela acolleu a finais de xuño o Campionato Galego Absoluto de Atletismo ao Aire Libre nas pistas da Universidade revalidou o título de subcampión galego absoluto de salto de altura, na súa categoría, cun rexistro de 1,93 metros.

