O arxentino, de actualidade pola súa aparición na serie “El Eternauta” repasará a súa longa traxectoria cun concerto que terá lugar este xoves 10 de xullo no Brisa Chiringo ás 21:30 horas. O prezo das entradas é de 10 euros con consumición incluída. Entradas dispoñibles en: www.bluesandrias.com
A Praia de Cesantes prepárase para unha noite histórica coa chegada do lendario guitarrista arxentino Claudio Gabis figura fundacional do rock en Latinoamérica e recoñecido polo seu traballo con Manal e a súa etapa solista, destacando a banda sonora da exitosa serie de Netflix “El eternauta” que está a triunfar a nivel mundial
Claudio Gabis, quen foi mentor de músicos da talla de Ariel Rot e Andrés Calamaro, regresa a Galicia cun concerto no que repasa máis de 55 anos de traxectoria musical. Acompañaralle no escenario a súa banda viguesa, REDE DUCK BLUES, formada por Frans Banfield, Juanma Ons, Manu Ares e Tincho Amenabar, prometendo unha noite inesquecible de blues de primeiro nivel.