Hoxe é Mércores 23 de Xullo de 2025

135 nenos e nenas de Sar participan no Paredes Handball Cup 2025

sar paredes

Máis de cen xogadores e xogadoras das categorías base de balonmán da SAR partían na tarde de onte en varios autobuses cara a localidade portuguesa de Paredes para participar no Torneo Internacional de balonmán Paredes Cup, que deu comezo este mércores 9 de Xullo e no que participan mais de dous mil atletas de cen equipos de Portugal e España.

O torneo, que se prolongará ata o vindeiro domingo, inclúe xogos de balonmán de sala e praia e supón un dos momentos álxidos do balonmán da península ao servir de punto de encontro para equipos procedentes de ambos os dous países.

Este é o oitavo ano que a SAR participa e faino con 135 xogadores e xogadoras das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, o que supón unha participación récord converténdose na máis numerosa da historia do club neste torneo. Acompañando a ese nenos hai tamén 29 monitores encargados de velar pola boa estadía da rapazada en Portugal.

Estarán 5 días, ata o vindeiro domingo 13 de xullo, competindo polo Trofeo de Paredes pero tamén terán tempo de gozar con actividades, animación e a través da convivencia cos equipos doutras comunidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: