Hoxe é Domingo 20 de Xullo de 2025

O BNG critica a “falta de compromiso” do goberno local ante as pretensións do Porto de instalar contedores en Rande

rande

Lamenta que o goberno local non presentara alegacións contra o plan de usos portuarios en Rande. Aseguran que “Digna Rivas limitouse a gastar 5.000€ para pagar un informe descritivo, sen recoller ningún tipo de demandas”. Lembran que a formación nacionalista si presentou alegacións reclamando que tanto Punta Chapelisa en Trasmañó, como os terreos de Coto Wagner e os coñecidos como Peirao da Pedra deixaran de ser “apoio loxístico do Porto”. Unha alegación que busca evitar as pretensións da Autoridade portuaria de empregar estes terreos como espazo de almacenaxe de coches e contedores.

Dende a organización nacionalista saen así ao paso das pretensións da Autoridade Portuaria de Vigo de recuperar os terreos do Estreito de Rande como almacén de contedores e vehículos. Neste sentido o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González cuestionou o papel da alcaldesa Digna Rivas logo das súas declaracións nas que manifestaba a súa oposición ao almacén de colectores nese espazo polo impacto negativo que tería para o territorio e para a cidadanía. Asegura González que “máis alá dos titulares o importante son os feitos, e dende a alcaldía renunciouse a presentar alegacións para unha verdadeira recuperación da beiramar de Rande”, sinala. Neste sentido afirman que “Digna Rivas limitouse a gastar 5.000€ para pagar un informe descritivo, sen recoller  ningún tipo de demandas”.

Xoán Carlos González, BNG

Alegación que si tería presentado o BNG demandando que tanto o Paseo de Cardona e parte do colexio Laredo en Chapela se transferiran  gratuitamente ao concello de Redondela por tratarse de “terreos de alta demanda de uso público, educativo e de lecer”. Outras alegacións recollían a necesidade de que “tanto Punta Chapelisa en Trasmañó, como os terreos de Coto Wagner, e os coñecidos como Peirao da Pedra deixaran de seren considerados “de apoio loxístico do Porto”. 

Lembran que tanto o movemento de barcos como o importante tráfico de camións de grande tonelaxe suporá “unha volta atrás na recuperación medioambiental e unha perda da calidade de vida e maior inseguridade viaria dos veciños e veciñas de Rande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: