Hoxe é Sábado 26 de Xullo de 2025

Música rock e folk para animar o verán

efe7af1f-f6b6-4ec0-b43d-2eb4fd7af109

A homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde reúne este venres 11 de xullo en Chapela a música de Os Carunchos, Tino Baz e Catro nun zoco. En semanas posteriores subiranse ao escenario –principalmente na praza da Casa da Torre- grupos como As Tareixas, Chocolate Sexy e Tanto nos ten. Na véspera do Día de Galicia, o 24 de xullo, as celebración seráns no paseo marítimo de Chapela coa música de Treixadura que chegará precedida do grupo local CantaTorrella.

A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, presentaron a programación musical e artística para este verán xunto coa asociación Berete Rock.

A música galega será unha das grandes protagonistas. O 11 de xullo celebrarase unha Homenaxe a Suso Vaamonde con concertos dos Carunchos, Tino Baz e Catro nun zoco. Será na Alameda Rosalía de Castro de Chapela ás 21.00 horas. O 12 de xullo actuarán Airiños do Mar de Teis na Praza da Torre ás 22.00 horas. No mesmo escenario actuarán o 18 de xullo o grupo As Tareixas e convidados, que presentarán o disco “Santo Mandil” ás 18.00 horas.

O 25 de xullo, día da patria galega, Redondela celebrará esta festividade con dous grandes concertos. A praza da Torre acollerá ao grupo Tanto Nos Ten, que actuará a partires das 22.00 horas, mentres que no paseo marítimo de Chapela o protagonismo será para Treixadura, cun concerto a partires das 22.45 horas, previamente actuará o grupo local Cantatorrella que se subirá ao escenario ás 21:00 horas.

O 26 de xullo celebrarase no torreiro de Reboreda o X Festival Internacional “Carballo das Cen Pólas” a partires das 21.00 horas. Tamén no torreiro de Reboreda actuará o 5 de agosto o grupo de música tradicional Carapaus.

O rock chegará da man de Chocolate Sexy o 19 de xullo á Praza da Torre cun concerto que comezará ás 22.00 horas. A banda Chaleco Refectante actuará no mesmo escenario o 26 de xullo.

Unha das citas máis agardadas, o Berete Rock, celebrarase o 2 de agosto. O evento chega á súa XII edición con grandes bandas. Barrytown, Stoned At Pompeii, Tregua, Hey Hematoma, No One Alive e Storrentos soarán desde as 20.30 horas no paseo marítimo de Chapela.

O XXVI Festival de Artistas de Rúa inaugurará a programación de agosto, será o día 1, desde as 19.00 horas, polas rúas da vila e a alameda Castelao con diferentes actuacións pensadas para todos os públicos.

O mes de agosto continuará cun dobre concerto o día 2 na praza da Torre. A cantante e guitarrista Noite ofrecerá as súas versións e temas propios de pop, rock e indi desde ás 21.30 . E ás 22.30 será a quenda de The Teta´s Van.

Tamén no vindeiro mes celebrarase o concerto do XXX aniversario de Nocheni Metal Band (día 8 ás 22.00 horas na praza da Torre) nun mes no que non faltará a cita co Entroido de verán (23 agosto) ou os temas clásicos de Siniestro total que o grupo Hey Hematoma interpretará o 16 de agosta na praza da Casa da Torre.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: