Hoxe é Martes 22 de Xullo de 2025

Esgotadas as entradas para o Sinsal San Simón

sinsal

O festival ofrecerá, ao longo de tres xornadas, unha programación con  21 concertos e 15 sesións musicais en escenarios alternativos con DJs e a Orquesta Clásica de Vigo e máis de 15 actividades paralelas. O Sinsal SON Estrella Galicia vén de pendurar o cartel de “entradas esgotadas” para a súa nova edición, que terá lugar do 25 ao 27 de xullo na illa de San Simón. O descoñecido do cartel, que o público só descubre ao desembarcar, non impide que todos os anos os billetes do evento se vendan con antelación.

A nova edición de Sinsal na illa de San Simón contará con 21 concertos de bandas e artistas chegadas de catro continentes diferentes: 17 das actuacións serán estreas en Galicia e 12 en España. Ademais, o público poderá gozar cada xornada en escenarios alternativos de tres sesións de DJs (tanto das audicións Malmequeres como de dous dj set -que se poderán escoitar tanto ao principio como ao final de cada día-) e, tanto o sábado 26 coma o domingo 27, de tres pases diarios da Orquesta Clásica de Vigo.

En total, Sinsal SON Estrella Galicia contará con máis de 15 actividades paralelas, das cales xa se coñecen as enmarcadas n’A Escola Sinsal e na liña Descubre San Simón. O primeiro dos eixos propón divulgar e recuperar a memoria sonora do século XX a través das audicións Malmequeres, dos concertos da Clásica e das gravacións das Sesións San Simón con Aleks Kolkowski, ou mesmo da exposición de cómic sobre a historia do son e da música gravada en Galicia (que este ano se ampliará ata chegar a 16 personaxes e, como principal novidade, poderase visitar a ceo aberto).

A liña Descubre San Simón propón coñecer o patrimonio natural, cultural e histórico do arquipélago mediante visitas guiadas con Xosé L. Faílde e integrantes da asociación Amarturmar, cun roteiro independente ou co obradoiro creativo Caderno de bitácora impartido por Arte & Garabato.

Nos vindeiros días daranse a coñecer as actividades vinculadas á gastronomía en colaboración con empresas de proximidade, propostas que se iniciaron na pasada edición e que gozaron de grande éxito entre as e os asistentes ao festival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: